24/07/20
Despois do paréntese provocado pola crise sanitaria e social da COVID 19 reiniciamos os obradoiros de presentación da publicación Historias de Vida de EspadELA. Estamos felices de realizar catro presentacións desta publicación en: Valdoviño, Vilarmaior, Ordes e Arzúa. Estes espazos foron desenvolvidos cumprindo todos os protocolos e normas de seguridade.
Estas presentacións realizáronse ao aire libre, en espazos rurais e en contextos que formaron parte das vidas das seis mulleres protagonistas deste libro. Paseamos por camiños do rural, ocupamos parques, carballeiras e camiños á beira do río. En todo caso, enchemos o rural das voces das súas mulleres. Historias de Vida visibiliza e da luz sobre a importancia do rol da muller, sobre a necesidade de poñer en valor as vidas do cotián: ás coidadoras da vida e da terra que fan posible día a día que o rural siga vivo.
Para descargar o libro fai clic neste enlace:EspadELA:Escola de empoderamento para mulleres do medio rural.Historias de Vida