11/03/20

Historias de Vida de EspadELA



En 2018, Arabías impulsa EspadELA: escola de empoderamento para mulleres do medio rural. Este proxecto céntrase na elaboración de diferentes obradoiros encamiñados a tomarmos conciencia da estrutura patriarcal da nosa sociedade, da importancia da organización e da participación na comunidade a través do asociacionismo e das ferramentas dixitais ao noso alcance.

A partir do traballo realizado nos diferentes obradoiros, reparamos no valor de contar as historias do cotián e do rural. Así xorde esta publicación, un libro que parte das historias de vida de seis mulleres que forman parte de EspadELA, outorgándolles o seu espazo de recoñecemento para tecer relatos verdadeiros sobre o medio rural e as súas mulleres.

Para descargar o libro fai clic neste enlace:EspadELA:Escola de empoderamento para mulleres do medio rural.Historias de Vida

A reportaxe na Opinión sobre EspadELA



Compartimos esta reportaxe da Opinión sobre a publicación de EspadELA

03/03/20

Presentacións da publicación no mes de marzo



A programación de obradoiros de presentación da publicación EspadELA: Escola de empoderamento para mulleres do medio rural. Historias de Vida

Concello de Betanzos: Martes 10 de Marzo ás 18:00

Concello de Ordes: Xoves 12 de Marzo ás 16:00

Concello de Vilarmaior: Venres 13 de Marzo ás 19:00

Concello de Valdoviño: Martes 17 de Marzo ás 18:00

Concello de Arzúa: Mércores 18 ás 19:00