11/03/20
Historias de Vida de EspadELA
En 2018, Arabías impulsa EspadELA: escola de empoderamento para mulleres do medio rural. Este proxecto céntrase na elaboración de diferentes obradoiros encamiñados a tomarmos conciencia da estrutura patriarcal da nosa sociedade, da importancia da organización e da participación na comunidade a través do asociacionismo e das ferramentas dixitais ao noso alcance.
A partir do traballo realizado nos diferentes obradoiros, reparamos no valor de contar as historias do cotián e do rural. Así xorde esta publicación, un libro que parte das historias de vida de seis mulleres que forman parte de EspadELA, outorgándolles o seu espazo de recoñecemento para tecer relatos verdadeiros sobre o medio rural e as súas mulleres.
Para descargar o libro fai clic neste enlace:EspadELA:Escola de empoderamento para mulleres do medio rural.Historias de Vida