24/09/20



Comeza EspadELA Cabanas

Os obradoiros terán lugar todos os martes de 16:00 a 18:00, dende o 29 de setembro até o 1 de decembro na Antiga Escola de Lavandeira.

As liñas formativas que se desenvolverán na Escola son:

CON VOZ PROPIA, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor da autoestima, participación, liderado e prevención de violencias machistas. Este espazo formativo busca a conexión cun marco de interpretación feminsita da realidade cotiá. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís a través dunha aproximación ao seu exercicio no marco do asociacionismo así como aos liderados femininos.

ENREDAD@S, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor das novas tecnoloxías. Este espazo formativo aborda unha aproximación a posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.

HABITANDO O NOSO CORPO, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.

SABERES EN COMÚN, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para recuperar e poñer en común de saberes, coñecementos e experiencias das mulleres sobre os diversos traballos que desenvolveron ao longo da súa vida, así como do territorio que habitan.