18/02/20
Poñemos cara as Historias de Vida da publicación de EspadELA.
Loli Rodríguez vive en Churío, Irixoa. Despois de vivir en diferentes lugares e ter múltiples experiencias laborais, Loli volveu ao rural.
Traballo fotográfico: Lucía Catoira Pan
Deseño: María Álvarez Hortas
Coordinación técnica: Arabías S. Coop. Galega
Poñemos cara as Historias de Vida da publicación de EspadELA.
Marisol García vive en Lameiro, no concello de Frades. É gandeira e foi unha das primeiras mulleres en estar na dirección nacional do Sindicato Labrego Galego, representando a comarca de Ordes.
Traballo fotográfico: Lucía Catoira Pan
Deseño: María Álvarez Hortas
Coordinación técnica: Arabías S. Coop. Galega
09/02/20
Poñemos cara as Historias de Vida da publicación de EspadELA.
Mariluz Pacheco naceu en Vidán, Santiago de Compostela, aínda que xa leva décadas vivindo na parroquia de Rendal, no Concello de Arzúa. Unha muller labrega feita a si mesma.
Traballo fotográfico: Lucía Catoira Pan
Deseño: María Álvarez Hortas
Coordinación técnica: Arabías S. Coop. Galega
28/01/20
Poñemos cara as Historias de Vida da publicación de EspadELA.
Carme Veiga foi gandeira e labrega, vive no Concello de Vilarmaior e dende sempre participou en entidades e organizacións para traballar polo común.
Traballo fotográfico: Lucía Catoira Pan
Deseño: María Álvarez Hortas
Coordinación técnica: Arabías S. Coop. Galega
Poñemos cara as Historias de Vida da publicación de EspadELA.
Eva Quetti vive en Labacengos, no Concello de Moeche. O seu día a día transcurre entre os traballos de coidados e do fogar. Ademais, Eva é a presidenta da Asociación de Veciños de Labacengos.
Traballo fotográfico: Lucía Catoira Pan
Deseño: María Álvarez Hortas
Coordinación técnica: Arabías S. Coop. Galega

Este ano 2020 comezamos traballando arredor da publicación de EspadELA: historias de vida de seis mulleres que formaron parte desta escola. Esta iniciativa foi recoñecida como Premio Luísa Villalta por parte da Deputación da Coruña.
Pili, Carme, Mariluz, Eva, Marisol e Loli son as seis mulleres que nos abriron as portas da súa casa e das súas vidas. Con esta pubicación pretendemos contar historias do cotiá do rural, historias de mulleres correntes que día a día sosteñan as vidas e os fogares, historias de mulleres que tiveron e que teñen que transgredir patróns, barreiras, discriminacións e violencias machistas.
Estamos inmensamente agradecidas a todas elas.
17/09/19
05/09/19
EspadELA no Sermos Galiza

Compartimos con vós a entrevista que nos fixeron no Sermos Galiza
“As mulleres ás que nos achegamos en moitos concellos son maiores. As máis novas non están. Emigraron. Así que o envellecemento do rural ten rostro feminino” di Tania Merelas. Mulleres coidadoras, labregas, profesionasi, sen tempo de ocio nin moitas oportunidades de exercelo, aínda que queiran. “Os tempos propios das mulleres van sendo expropiados, ou vanos poñendo ao servizo doutros para que si dispoñan deles. E é outra formada de illamento que cómpre reverter”.
EspadELA en ARZÚA

Aberto o prazo de inscrición até o 13 de setembro para EspadELA Arzúa.
Podes escribirnos a arabias.coop@gmail.com, chamarnos a 619 457 324/667 384 221 ou informarte en Servizos Sociais do Concello de Arzúa.
Os obradoiros terán lugar todos os martes de 16:30 a 18:30, dende o 17 de setembro até novembro no Local Social Santa María.
As liñas formativas que se desenvolverán na Escola son:
CON VOZ PROPIA, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.
Obradoiro para traballar arredor da autoestima, participación, liderado e prevención de violencias machistas. Este espazo formativo busca a conexión cun marco de interpretación feminsita da realidade cotiá. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís a través dunha aproximación ao seu exercicio no marco do asociacionismo así como aos liderados femininos.
ENREDAD@S, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.
Obradoiro para traballar arredor das novas tecnoloxías. Este espazo formativo aborda unha aproximación a posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.
HABITANDO O NOSO CORPO, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.
Obradoiro para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.
EspadELA en MOECHE

Aberto o prazo de inscrición até o 13 de setembro para EspadELA Moeche.
Podes escribirnos a arabias.coop@gmail.com, chamarnos a 619 457 324/667 384 221 ou informarte en Servizos Sociais do Concello de Moeche.
Os obradoiros terán lugar todos os luns de 16:30 a 18:30, dende o 16 de setembro até novembro no Centro Cultural Francisco Piñeiro.