05/09/19

EspadELA en MOECHE



Aberto o prazo de inscrición até o 13 de setembro para EspadELA Moeche.

Podes escribirnos a arabias.coop@gmail.com, chamarnos a 619 457 324/667 384 221 ou informarte en Servizos Sociais do Concello de Moeche.

Os obradoiros terán lugar todos os luns de 16:30 a 18:30, dende o 16 de setembro até novembro no Centro Cultural Francisco Piñeiro.

As liñas formativas que se desenvolverán na Escola son:

CON VOZ PROPIA, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor da autoestima, participación, liderado e prevención de violencias machistas. Este espazo formativo busca a conexión cun marco de interpretación feminsita da realidade cotiá. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís a través dunha aproximación ao seu exercicio no marco do asociacionismo así como aos liderados femininos.

ENREDAD@S, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor das novas tecnoloxías. Este espazo formativo aborda unha aproximación a posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.

HABITANDO O NOSO CORPO, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.