26/08/19
2ª Edición EspadELA. Arzúa, Betanzos e Moeche
Este setembro iniciamos a segunda edición da Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural, EspadELA.
O programa desenvolverase nos municipios de Arzúa, Betanzos e Moeche.
Nesta ocasión renovamos as liñas formativas:
CON VOZ PROPIA, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.
Obradoiro para traballar arredor da autoestima, participación, liderado e prevención de violencias machistas. Este espazo formativo busca a conexión cun marco de interpretación feminsita da realidade cotiá. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís a través dunha aproximación ao seu exercicio no marco do asociacionismo así como aos liderados femininos.
ENREDAD@S, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.
Obradoiro para traballar arredor das novas tecnoloxías. Este espazo formativo aborda unha aproximación a posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.
HABITANDO O NOSO CORPO, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.
Obradoiro para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.