24/09/20

Comeza EspadELA As Pontes

Os obradoiros terán lugar todos os xoves de 16:00 a 18:00, dende o 1 de outubro até o 3 de decembro no Local da Asociación de Veciños e Veciñas de Ribadeume.

As liñas formativas que se desenvolverán na Escola son:

CON VOZ PROPIA, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor da autoestima, participación, liderado e prevención de violencias machistas. Este espazo formativo busca a conexión cun marco de interpretación feminsita da realidade cotiá. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís a través dunha aproximación ao seu exercicio no marco do asociacionismo así como aos liderados femininos.

ENREDAD@S, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor das novas tecnoloxías. Este espazo formativo aborda unha aproximación a posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.

HABITANDO O NOSO CORPO, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.

SABERES EN COMÚN, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para recuperar e poñer en común de saberes, coñecementos e experiencias das mulleres sobre os diversos traballos que desenvolveron ao longo da súa vida, así como do territorio que habitan.

Comeza EspadELA Valdoviño

Os obradoiros terán lugar todos os mércores de 16:00 a 18:00, dende o 30 de setembro até o 2 de decembro na Escola de Vilaboa.

As liñas formativas que se desenvolverán na Escola son:

CON VOZ PROPIA, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor da autoestima, participación, liderado e prevención de violencias machistas. Este espazo formativo busca a conexión cun marco de interpretación feminsita da realidade cotiá. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís a través dunha aproximación ao seu exercicio no marco do asociacionismo así como aos liderados femininos.

ENREDAD@S, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor das novas tecnoloxías. Este espazo formativo aborda unha aproximación a posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.

HABITANDO O NOSO CORPO, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.

SABERES EN COMÚN, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para recuperar e poñer en común de saberes, coñecementos e experiencias das mulleres sobre os diversos traballos que desenvolveron ao longo da súa vida, así como do territorio que habitan.

Comeza EspadELA Cabanas

Os obradoiros terán lugar todos os martes de 16:00 a 18:00, dende o 29 de setembro até o 1 de decembro na Antiga Escola de Lavandeira.