05/09/19

EspadELA no Sermos Galiza

Compartimos con vós a entrevista que nos fixeron no Sermos Galiza

“As mulleres ás que nos achegamos en moitos concellos son maiores. As máis novas non están. Emigraron. Así que o envellecemento do rural ten rostro feminino” di Tania Merelas. Mulleres coidadoras, labregas, profesionasi, sen tempo de ocio nin moitas oportunidades de exercelo, aínda que queiran. “Os tempos propios das mulleres van sendo expropiados, ou vanos poñendo ao servizo doutros para que si dispoñan deles. E é outra formada de illamento que cómpre reverter”.

EspadELA en ARZÚA

Aberto o prazo de inscrición até o 13 de setembro para EspadELA Arzúa.

Podes escribirnos a arabias.coop@gmail.com, chamarnos a 619 457 324/667 384 221 ou informarte en Servizos Sociais do Concello de Arzúa.

Os obradoiros terán lugar todos os martes de 16:30 a 18:30, dende o 17 de setembro até novembro no Local Social Santa María.

As liñas formativas que se desenvolverán na Escola son:

CON VOZ PROPIA, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor da autoestima, participación, liderado e prevención de violencias machistas. Este espazo formativo busca a conexión cun marco de interpretación feminsita da realidade cotiá. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís a través dunha aproximación ao seu exercicio no marco do asociacionismo así como aos liderados femininos.

ENREDAD@S, 4 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor das novas tecnoloxías. Este espazo formativo aborda unha aproximación a posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.

HABITANDO O NOSO CORPO, 2 OBRADOIROS DE 2 HORAS.

Obradoiro para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.

EspadELA en MOECHE

Aberto o prazo de inscrición até o 13 de setembro para EspadELA Moeche.

Podes escribirnos a arabias.coop@gmail.com, chamarnos a 619 457 324/667 384 221 ou informarte en Servizos Sociais do Concello de Moeche.

Os obradoiros terán lugar todos os luns de 16:30 a 18:30, dende o 16 de setembro até novembro no Centro Cultural Francisco Piñeiro.